EN
COMPAÑÍA
Portas Abertas curso 26/27
A importancia de medrar en boa Compañía
XORNADA DE PORTAS ABERTAS INFANTIL 3-6 ANOS
Sábado 7 de febreiro – 11:00 h
Sábado 21 de febreiro – 11:00 h
Inscríbete na nosa Xornada de Portas Abertas de Infantil e coñece as nosas instalacións e a nosa metodoloxía de traballo
- Recepción das familias
- Charla Informativa
- Percorrido polas instalación
- Resolución de dúbidas
Educar
na vida
e para a vida
EN BOA
compañía
Medrar xuntos, DESDE O PRINCIPIO
En Compañía de María Santiago a etapa de 3 a 6 anos vívese a través do xogo, a exploración e a creatividade. O alumnado aprende a expresarse, a convivir e a comprender o mundo que lles rodea.
O noso proxecto educativo impulsa un desenvolvemento integral que atende ao pensamento, ás emocións e ás relacións cos demais. Potenciamos a expresión oral, a psicomotricidade, o traballo cooperativo e o uso natural do inglés en situacións reais. Cada aula é un espazo de descubrimento, con metodoloxías activas que espertan a ilusión por aprender.
O noso espazo para os MÁIS PEQUENOS
Na etapa de 3 a 6 anos, os espazos manteñen a calidez e a seguridade dos primeiros anos, pero adáptanse para dar máis autonomía aos nenos e nenas. As aulas organízanse en recunchos e con materiais accesibles, favorecendo que exploren, decidan e aprendan de forma activa e natural.
Aulas adaptadas
Aulas de Infantil amplas e acolledoras, con mobiliario adaptado e espazos por recunchos que favorecen o xogo e a autonomía. Incorporan pizarras dixitais como apoio á aprendizaxe, creando un contorno motivador que respecta o ritmo e o desenvolvemento de cada neno.
Cociña propia
Contamos con cociña propia e menús caseiros elaborados baixo a supervisión de nutricionistas, ofrecendo unha alimentación equilibrada e de calidade para os máis pequeños.
Aula de psicomotricidade
Nesta aula traballamos a estimulación temperá a través da psicomotricidade e de actividades divertidas e eficaces, como o xadrez, que favorecen o seu desenvolvemento global.
Recreo Propio
Un espazo exterior seguro e adaptado á súa idade, onde os nenos e nenas poden moverse, explorar e xogar con liberdade nun entorno tranquilo e protexido.
Contacta connosco
Estamos aquí para axudarche con calquera información que precises
Así TRABALLAMOS nas aulas
No Colexio Compañía de María Santiago de Compostela acompañamos a cada neno e nena con proximidade, atención e un entorno seguro. Na etapa de 3 a 6 anos coidamos cada detalle para que se sintan confiados, autónomos e con ganas de descubrir, aprender e gozar do mundo que os rodea.
O noso traballo baséase no modelo educativo SIGNA, que nos axuda a comprender como aprenden os nenos e nenas e como podemos acompañalos mellor. Este modelo une innovación, valores e unha mirada moi próxima a cada neno, favorecendo o seu desenvolvemento emocional, motriz, social e cognitivo.
Aulas adaptadas e contornos seguros
Espazos seguros e preparados que favorecen a autonomía, o xogo e a aprendizaxe activa dos nenos e nenas de 3 a 6 anos
Idiomas
O inglés vívese de forma natural e divertida. Con profesorado nativo e proxectos activos, aseguramos unha inmersión natural nas linguas desde os 3 anos.
Aprendizaxe experiencial
Impulsamos unha aprendizaxe activa baseada na experiencia, na creatividade e na reflexión. A través de actividades prácticas e proxectos innovadores, o alumnado desenvolve as súas habilidades de maneira dinámica e significativa.
Educación emocional e traballo cooperativo
A nosa prioridade é o benestar emocional do alumnado, fomentando desde idades temperás a interioridade para coñecerse, relacionarse con autenticidade e acadar o equilibrio persoal.
Os nosos proxectos + ESPECIAIS
Na etapa de 3 a 6 anos desenvolvemos proxectos que impulsan a curiosidade e a aprendizaxe activa. Propostas motivadoras, creativas e vivenciais que favorecen o seu desenvolvemento cognitivo, emocional, social e comunicativo, axudando a cada neno e nena a medrar con autonomía e a descubrir o mundo que o rodea.
Competencia lingüística / Oratoria
Espertamos nos nenos e nenas o gusto por comunicarse e expresarse, desenvolvendo de forma natural e lúdica as bases da oratoria e do pensamento crítico.
Competencia lingüística / itinerarios lectores
Competencia Lingüística /Radio
Peque Radio é unha actividade de Infantil que, de forma lúdica, traballa a expresión oral, a escoita e a creatividade, axudando aos nenos e nenas a comunicarse e a gañar confianza.
Plurilingüismo / Fun Talk
Primeiro contacto co inglés a través de xogos e cancións, aprendendo a interactuar de forma natural. Cunha profesora nativa, descobren o idioma con espontaneidade e seguridade.
Plurilingüismo
Introdución do francés de forma natural e lúdica, a través de xogos, cancións e actividades adaptadas á súa idade, favorecendo a familiarización co idioma e o gusto por aprender linguas desde os primeiros anos.
Educación para a vida / Aprender a aprender
Impulsamos a curiosidade e a creatividade desde os primeiros anos, axudando aos nenos a expresar e compartir as súas ideas de forma persoal e significativa.
Educación para a vida / Valores
Educación para a vida / EcoHorto
Educación para a vida / Emprendemento
Con esta actividade fomentamos a curiosidade polas profesións e permitimos que o alumnado exprese de maneira creativa quen quere ser, reforzando a súa identidade, imaxinación e autoestima.
STEM / Xadrez
Stem / Scratch
Stem / Laboratorio de ideas
Capacidad Creativa / Teatro
Potenciamos a expresión corporal e emocional mediante o xogo simbólico e a dramatización, impulsando a imaxinación, a confianza e as primeiras habilidades comunicativas
Benestar integral / Actívate
Benestar Integral / Proyecto Emociones
Fortalecemos a intelixencia emocional e a prevención do acoso escolar dentro dos programas “Look Inside”, “Mediación entre iguais” ou “Plan de Convivencia Escolar”
TODO O QUE OS TEUS FILLOS E FILLAS NECESITAN
OBRADOIROS EN FAMILIA
Realización de obradoiros de apoio e orientación ás familias para acompañar o desenvolvemento educativo e emocional do alumnado de Infantil, reforzando a colaboración coa escola
ORIENTACIÓN PEDAGÓXICA
Acompañamento personalizado do desenvolvemento e da aprendizaxe dos máis pequenos, atendendo ás súas necesidades e apoiando ás familias nesta etapa.
AULA MATINAL
Para facilitar a conciliación familiar, o colexio ofrece apertura anticipada desde as 7:45 ata o inicio das clases, nun contorno seguro e atendido.
HORARIO
Apertura do colexio
7:45h
Peche do colexio
20:00 de L-X
18:00 venres.
Estamos aquí para o que precises:
CPR Plurilingüe Compañía de María Santiago de Compostela
info@ciamariasantiago.org
Rúa Ensinanza, 3. 15703 Santiago de Compostela, A Coruña
Teléfono: 981587500