Cancel Preloader

EN
COMPAÑÍA

Portas Abertas curso 26/27

A importancia de crecer en boa compañía

PORTAS ABERTAS SECUNDARIA

De 1º a 4º da ESO

Xoves 26 de febreiro, 17:00 h

Ven coñecernos! Inscríbete na nosa Xornada de Portas Abertas de Secundaria para coñecer como traballamos a etapa de secundaria

QUERO INSCRIBIRME NA XORNADA DE PORTAS ABERTAS DE SECUNDARIA (12-16 ANOS)

Estou interesado/a en asistir á Xornada de Portas Abertas da etapa de Secundaria para coñecer de primeira man as instalacións e a metodoloxía empregada en Compañía de María Santiago de Compostela






    O Colexio Compañía de María - Santiago infórmache de que a túa información persoal de contacto será tratada por esta institución, como Responsable do Tratamiento, co fin de manter contacto contigo e poder enviarche información sobre a nosa institución. A base legal que lexitima o tratamento dos datos persoais de contacto por parte do Colexio Compañía de María - Santiago reside no consentimento expresado a través desta SOLICITUDE DE INFORMACIÓN.
    Os datos persoais conservaranse mentres non se solicite oposición ou eliminación do tratamento dos seus datos. Os datos persoais non serán cedidos nin comunicados a terceiros, salvo nos casos previstos pola lei. Así mesmo, se considera vulnerado o seu dereito á protección de datos persoais, poderá presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos. (www.aepd.es).

    Multiplica o seu futuro

    Na etapa de Secundaria, no Colexio Compañía de María de Santiago de Compostela ofrecemos un acompañamento próximo e personalizado que impulsa o desenvolvemento académico e persoal de cada alumno.

    A través da titoría e da orientación académica, axudámoslles a coñecerse mellor, descubrir as súas fortalezas e tomar decisións con seguridade para o seu futuro.

    Fomentamos o pensamento crítico, a comunicación, o traballo en equipo e a educación emocional, integrando proxectos interdisciplinares, programas de idiomas e actividades sociais que lles axudan a medrar cunha mirada aberta, responsable e solidaria.

    O noso Colexio en imaxes

    Nun edificio con máis de 200 anos de antigüidade soubemos actualizar as súas instalacións aos novos tempos e etapas, unificando tradición e actualidade. Na etapa de Secundaria contamos con espazos preparados para unha aprendizaxe activa e responsable. Aulas equipadas e seguras favorecen a autonomía, o traballo en equipo e a concentración. Cada ambiente está pensado para que o alumnado medre con confianza, afonde nas súas aprendizaxes e desenvolva todo o seu potencial.

    Contacto connosco

    Estamos aquí para ofrecerche
    calquera información que precises

    Excelencia académica

    Máis de dous séculos educando con valores e compromiso, acompañando a cada alumno no seu crecemento persoal e académico.

    En Secundaria impulsamos a excelencia cun trato próximo, altas expectativas e metodoloxías que desenvolven o pensamento crítico, o rigor e o gusto por aprender, formando persoas preparadas para o futuro e comprometidas co seu entorno.

    266

    Anos

    de historia centrados na educación desde a nosa creación en 1759

    3-18

    Anos

    Unha educación innovadora e integral desde Infantil ata Bacharelato

    Primeira Orde

    apostólica dedicada
    ao ensino

    13,67

    Mellor nota PAU

    2025

    +96%

    do alumnado

    aproba a PAU en xuño

    +1.000

    do alumnado

    forman parte do noso colexio

    Así traballamos nas aulas

    No Colexio Compañía de María de Santiago de Compostela acompañamos a cada alumno de Secundaria nun entorno próximo, seguro e esixente, onde aprender significa medrar con criterio, autonomía e sentido.

    Traballamos co modelo educativo SIGNA, que une innovación, valores e unha atención personalizada adaptada a esta etapa.

    A través de metodoloxías activas, proxectos interdisciplinares e un acompañamento constante, o alumnado convértese en protagonista da súa aprendizaxe, desenvolvendo responsabilidade, pensamento crítico e habilidades para convivir e traballar en equipo.

    Atención personalizada e titorías continuas...

    que acompañan o progreso académico e emocional do alumnado, ofrecendo orientación e apoio en cada etapa

    Proxecto de xestión emocional e convivencia positiva...

    que axuda ao alumnado a coñecerse, regular as súas emocións e construír relacións baseadas no respecto e na colaboración

    PROGRAMAS DE INTERCAMBIO INTERNACIONAIS...

    que acompañan o progreso académico e emocional do alumnado, ofrecendo orientación e apoio en cada etapa

    ACTIVIDADES SOLIDARIAS E PROXECTOS EUROPEOS...

    que amplían a mirada do alumnado ao mundo, impulsando a cooperación, a responsabilidade social e a aprendizaxe intercultural

    Os nosos proxectos + ESPECIAIS

    En Secundaria desenvolvemos proxectos que impulsan unha aprendizaxe activa e rigorosa. Son propostas que conectan distintas materias, fomentan a autonomía e reforzan o pensamento crítico, emocional e social, axudando a cada alumno a comprender, analizar e achegar nun mundo en constante cambio.

    Competencias lingüísticas / Oratoria e debate

    A través da argumentación e do diálogo fortalécense a seguridade, a escoita activa, o pensamento crítico e a expresión oral do alumnado

    Competencia lingüística / itinerarios lectores

    Fomentamos o amor pola lectura e a comprensión profunda, promovendo a reflexión, a sensibilidade literaria e o pensamento crítico a través de lecturas significativas.

    Competencia lingüística /Radio escolar

    Onde o alumnado aprende a comunicar, crear e traballar en equipo a través de programas propios. Preparan guións, realizan entrevistas e gravan contidos sobre actualidade e vida do colexio, desenvolvendo a expresión oral, o pensamento crítico e a creatividade

    Plurilingüismo / Portafolio das linguas

    Impulsamos a competencia comunicativa en francés e o interese pola cultura francófona, desenvolvendo expresión oral, comprensión intercultural e autonomía en situacións reais

    Educación para a vida / Aprender a aprender

    Coa organización visual de ideas, a reflexión sobre a propia aprendizaxe e a autonomía na planificación buscamos fortalecer a súa capacidade para comunicar e aprender mellor

    Educación para a vida / Valores

    O alumnado desenvolve conciencia social, cooperación e responsabilidade ambiental, fortalecendo o pensamento crítico e o compromiso co seu entorno

    Educación para a vida / EcoHorto

    Actividade práctica onde o alumnado aprende a coidar da natureza e comprender o seu entorno. A través do cultivo e do traballo en equipo, desenvolven hábitos responsables, conciencia ecolóxica e valores.

    Educación para a vida / Emprendemento

    O contacto co entorno laboral e con proxectos reais impulsa a creatividade, a iniciativa, o traballo en equipo e a reflexión vocacional nas diferentes etapas educativas

    STEM / Xadrez

    Utilizamos o xadrez como ferramenta educativa para desenvolver habilidades clave dentro e fóra da aula. A través do xadrez, o alumnado desenvolve concentración, estratexia e toma de decisións, reforzando o pensamento lóxico e a responsabilidade

    Stem / Programación

    O alumnado aprende de forma práctica, deseñando e programando robots para resolver retos reais. A través do traballo por proxectos, desenvolven pensamento lóxico, creatividade e traballo en equipo, mentres reforzan competencias tecnolóxicas e dixitais

    Stem / Laboratorio de ideas

    Con este proxecto buscamos aplicar o método científico, impulsando o razoamento lóxico, a curiosidade, a colaboración e a resolución de problemas mediante a experimentación e a investigación

    Stem / Código Ético

    A actividade de Código Ético axuda ao alumnado a reflexionar sobre valores, convivencia e responsabilidade no seu día a día

    Creatividad/Teatro

    A través do teatro, o alumnado desenvolve a expresión corporal e oral, a creatividade, a comunicación e a confianza en si mesmo

    Benestar integral / Actívate

    Fomentamos unha vida activa e unha alimentación equilibrada, promovendo o benestar físico e emocional.

    Benestar Integral / Benestar emocional

    Buscamos o desenvolvemento da intelixencia emocional e da empatía, promovendo o benestar e a prevención desde os primeiros cursos ata Bacharelato

    TODO O QUE OS TEUS FILLOS NECESITAN

    Acompañamento personalizado

    Titorías e seguimento próximo para apoiar o progreso académico e persoal de cada alumno

    Internacionalización

    Proxectos e intercambios (eTwinning) e exames oficiais (Oxford Test of English) que reforzan a aprendizaxe de idiomas

    ORIENTACIÓN PEDAGÓXICA

    Apoio para mellorar o estudo, organizarse e tomar decisións con seguridade

    HORARIO

    Apertura do colexio
    7:45h
    Peche do colexio
    17:00h

    Estamos aquí
    para o que precses:

    Se desexas coñecer máis sobre a nosa etapa de Secundaria, estaremos encantados de acompañarte.
    Completa o formulario e informarémoste sobre o proxecto educativo, as aulas, o proceso de admisión e todo o que precises para tomar a mellor decisión para o teu fillo.






      O Colexio Compañía de María - Santiago infórmache de que a túa información persoal de contacto será tratada por esta institución, como Responsable do Tratamiento, co fin de manter contacto contigo e poder enviarche información sobre a nosa institución. A base legal que lexitima o tratamento dos datos persoais de contacto por parte do Colexio Compañía de María - Santiago reside no consentimento expresado a través desta SOLICITUDE DE INFORMACIÓN.
      Os datos persoais conservaranse mentres non se solicite oposición ou eliminación do tratamento dos seus datos. Os datos persoais non serán cedidos nin comunicados a terceiros, salvo nos casos previstos pola lei. Así mesmo, se considera vulnerado o seu dereito á protección de datos persoais, poderá presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos. (www.aepd.es).